Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de marzo de 2015 polo que se fai pública a notificación dun recurso de reposición interposto contra a resolución de extinción do permiso de actividade dunha granxa mariña.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e despois de intentada a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, notifícaselle a Carlos Manuel Pimenta Chaves representante de Alimentación Projoscar, S.L. a Resolución do 29 de xaneiro de 2015, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a do 26 de maio de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se acorda a extinción do permiso de actividade da granxa mariña da súa titularidade, sita no porto de Tragove, Cambados (Pontevedra).

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono 881 99 72 39).

Expediente: extinción do permiso de actividade da granxa mariña localizada no porto de Tragove, Cambados (Pontevedra).

Interesado: Alimentación Projoscar, S.L. (B-36378974).

Representante: Pimenta Chaves, Carlos Manuel.

Enderezo: lugar de Coirón, 119, Dena, 36968 Meaño (Pontevedra).

Acto notificado: Resolución do 29 de xaneiro de 2015, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a do 26 de maio de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se acorda a extinción do permiso de actividade da granxa mariña titularidade de Alimentación Projoscar, S.L., sita no porto de Tragove, Cambados (Pontevedra).

Prazo para presentar recurso: recurso contencioso-administrativo, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Galicia competente da dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar