Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/82-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construcción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Autoridade Portuaria da Coruña.

Domicilio social: avda. da Mariña, s/n, 15001 A Coruña.

Denominación: LMTS, CS e CT de 100 kVA para a subministración en BT á vía soterrada na dársena da Mariña.

Situación: dársena da Mariña-A Coruña.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada de dobre circuíto, con inicio na liña EPU703 propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A. entre o CS 15PXC4 e o CT 15SPD, de 24+24 m de lonxitude, con condutor de aluminio RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) e fin no centro de secionamento proxectado.

Centro de secionamiento en edificio específico para este fin compartido co centro de transformación. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interrutores-seccionadores de 24 kV, 400 A.

Centro de transformación anexo ao CS con celas prefabricadas (24 kV, 400 A) e transformador de 1.000 kVA, relación 15-20 kV/400 V, illamento seco clase F e refrixeración natural.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 22 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña