Coa data do 19 de marzo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015041TA-CO incoado a Josmatar Hostelery Caiman Island, S.L.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Josmatar Hostelery Caiman Island, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 10 de abril de 2015
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2015041TA-CO.
Interesada: Josmatar Hostelery Caiman Island, S.L. (Café Bar Urban Pizza).
DNI/NIF/CIF: B70265442.
Último enderezo coñecido: Alférez Provisional, 5; Palexco,15006 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro; artigo 4.b), d), artigo 19.3.g), n).
Tipificación provisional: grave.
Sanción proposta: 800 €.