Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a organización e o desenvolvemento da xestión técnico-organizativa de todas as actuacións que vai desenvolver esta consellería nas feiras do libro de Galicia 2015 (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21821

2. Obxecto do contrato.

Tipo: obras.

Descrición: servizo de organización e desenvolvemento da xestión técnico-organizativa de todas as actuacións que vai desenvolver a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nas feiras do libro de Galicia 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 66.115,70 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 30 de marzo de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 10 de abril de 2015.

c) Contratista: Montajes de Congresos del Noroeste, S.L.

d) Importe de adxudicación: 54.214,87 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2015

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria