Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Domicilio social: rúa A Coruña, 20, baixo, 36700 Tui.
Denominación: ampliación potencia CT-I parque empresarial Areas.
Situación: Tui.
Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación (I) situado no parque empresarial, O Regueiro-Areas, Tui, cun novo trazo de 250 kVA con RT 20 kV/400 V. A instalación queda cunha potencia total de 630 + 250 kVA.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 25 de marzo de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra