Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública os proxectos de autorización administrativa, promovidos por Gas Galicia SDG, S.A., para a distribución de gas natural en 15 núcleos de poboación da provincia de Lugo (A Pontenova, Abadín, Begonte, Carballedo, Castroverde, Cospeito, Friol, Mondoñedo, O Saviñao, O Valadouro, O Vicedo, Pantón, Quiroga, Sober e Taboada).

A empresa Gas Galicia SDG, S.A. (con CIF número A15383284 e enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela) presentou, durante os meses de xullo e agosto de 2014, as solicitudes de autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado en diversos núcleos de poboación da provincia de Lugo, acompañadas dos correspondentes proxectos.

O 1 de setembro de 2014 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se iniciou o trámite de competencia para o outorgamento das ditas autorizacións administrativas (Diario Oficial de Galicia nº 182, do 24 de setembro de 2014), para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP). Durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron solicitudes en concorrencia con ningunha das solicitudes de Gas Galicia SDG, S.A., por tanto, o trámite de competencia quedou resolto a favor desta empresa.

En relación con estas solicitudes, para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, sométense a información pública os proxectos de autorización administrativa para a distribución de gas natural, correspondentes aos núcleos de poboación e coas características indicadas nos cadros seguintes:

Núcleo de poboación

Número de expediente

1

A PONTENOVA

IN627A 2014/28-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación da Pontenova, no concello da Pontenova (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano da Pontenova.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27048E00300254.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 503.021 €.

2

ABADÍN

IN627A 2014/29-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Abadín, no concello de Abadín (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Abadín.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 30 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27001A24000025.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 339.897 €.

3

BEGONTE

IN627A 2014/30-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Begonte, no concello de Begonte (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Begonte.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27007A03000041.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 351.077 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

4

CARBALLEDO

IN627A 2014/31-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Carballedo, no concello de Carballedo (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Carballedo.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 30 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27009A02000720.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 315.769 €.

5

CASTROVERDE

IN627A 2014/32-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Castroverde, no concello de Castroverde (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Castroverde.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 30 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27011A08400055.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 672.177 €.

6

COSPEITO

IN627A 2014/35-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Cospeito, no concello de Cospeito (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Cospeito.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27015A05600038.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 378.065 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

7

FRIOL

IN627A 2014/36-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Friol, no concello de Friol (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Friol.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27020A39700020.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 493.401 €.

8

MONDOÑEDO

IN627A 2014/38-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Mondoñedo, no concello de Mondoñedo (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Mondoñedo.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27030A01901404.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 796.197 €.

9

O SAVIÑAO

IN627A 2014/40-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación do Saviñao, no concello do Saviñao (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano do Saviñao.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27058A14600050.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 633.281 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

10

O VALADOURO

IN627A 2014/41-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación do Valadouro, no concello do Valadouro (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano do Valadouro.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 30 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27063A05100065.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 546.233 €.

11

O VICEDO

IN627A 2014/42-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación do Vicedo, no concello do Vicedo (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano do Vicedo.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 30 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27064A01300570.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 901.393 €.

12

PANTÓN

IN627A 2014/43-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Pantón, no concello de Pantón (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Pantón.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27041A03200604.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 423.721 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

13

QUIROGA

IN627A 2014/44-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Quiroga, no concello de Quiroga (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Quiroga.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27050A07301355.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 499.537 €.

14

SOBER

IN627A 2014/45-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Sober, no concello de Sober (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Sober.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27059A08601521.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 480.349 €.

15

TABOADA

IN627A 2014/46-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Taboada, no concello de Taboada (Lugo). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Taboada.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 27060A02800345.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 623.921 €.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos por algún dos 15 expedientes referidos nos cadros anteriores poidan presentar as súas alegacións no prazo de vinte (20) días a partir da data de publicación deste anuncio e examinar os correspondentes proxectos de autorización administrativa na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela) ou na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas