Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente de modificación do contrato de xestión de servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada V-7072; XG-446, A Coruña-San Pedro de Présaras-Mezonzo, con anexos.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu Regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse, por solicitude da empresa contratista, o expediente de modificación do seguinte contrato:

Contrato: V-7072; XG-446, A Coruña-San Pedro de Présaras-Mezonzo, con anexos.

Contratista: Autos S. Vázquez, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de A Coruña (rúa Alcalde Pérez Ardá, 4), efectuar as alegacións que xulguen oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.coruña@xunta.es .

A Coruña, 6 de abril de 2015

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña