Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de abril de 2015 pola que se notifica o Acordo do 12 de febreiro de 2015 que fixa o prezo xusto do predio 14, sito en Vila de Cruces, relativo ao proxecto 01391 (expediente 2013/001690).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula a José Sexto Rodríguez o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 12 de febreiro de 2015 que fixa o prezo xusto do predio 14, sito en Vila de Cruces, relativo ao proxecto 01391, expediente 2013/001690, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01391-LMT, CT e RBT A Contiña. Expediente IN407A 2012/149-4. TM Vila de Cruces.

Nº de expediente: 2013/001690.

Persoa a quen se notifica: José Sexto Rodríguez.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. de Pontevedra. Oficina: Vigo.

Expropiado: José Sexto Rodríguez.

Beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio: 14.

Concello: Vila de Cruces.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do Xurado: 999,66 €.