Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada de servizo de explotación, conservación e mantemento da presa de Baiona e dos seus equipamentos e instalacións, en Baiona (Pontevedra) (clave OH.136.1087).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: OH.136.1087.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través da http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://www.augasdegalicia.xunta.es .

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: explotación, conservación e mantemento da presa de Baiona e dos seus equipamentos e instalacións. Baiona (Pontevedra).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 50532000-3.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S109, do 7 de xuño de 2014; Diario Oficial de Galicia núm. 110, do 11 de xuño de 2014 e Boletín Oficial del Estado núm. 144, do 14 de xuño de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 239.904,00 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 119.952,00 euros. Importe total: 145.141,92 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 13 de marzo de 2015.

c) Contratista: Ain Active, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 100.900,00 euros. Importe total: 122.089,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2015

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia