Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2015 pola que se anuncia a contratación por tramitación ordinaria, suxeita a regulación harmonizada, dun servizo integrado dun helicóptero e técnicos coordinadores con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2015, 2016 e 2017 (expediente 22/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integrado dun helicóptero e técnicos coordinadores con destino á prevención e vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais nas precampañas e campañas dos anos 2015, 2016 e 2017.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: desenvolverase nas anualidades 2015, 2016 e 2017, de acordo co establecido no PPT, unha vez formalizado o correspondente contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 60442000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 1.070.160,00 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 2.848.880,00 € (incluídas posibles prórrogas e ampliacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo R, subgrupo 6, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (para os licitadores non españois de Estados membros da Unión Europea): segundo o disposto nos apartados J e K da folla de especificacións.

7. Garantía exixida. Definitiva: 53.508,00 € (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 61 30 e 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: Ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22237

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 18 de maio de 2015.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 29 de maio de 2015.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

12. Outras informacións: establecemento de condicións especiais de execución. Con anterioridade a cada incorporación, a empresa contratista deberá dispoñer das pólizas de seguros coas coberturas estipuladas no apartado 12 do PPT.

13. Data de envío do anuncio previo ao Diario Oficial de la Unión Europea 10 de decembro de 2014. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de abril de 2015.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

P.D. (Orde do 30.03.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar