Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16249

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (45/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 45/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Manuel Costoya Caamaño contra Taya Diseño, S.L., Vasse Cocina y Baño, S.L., sobre despedimento, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva se acorda:

Declarar o executado Taya Diseño, S.L. en situación de insolvencia por importe de 23.071,35 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E para que sirva de notificación en legal forma a Taya Diseño, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de abril de 2015

A secretaria xudicial