Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para ampliar a cualificación de dotacional de equipamentos do colexio Unión Mugardesa, concello de Mugardos (expediente 2014AAE1761, código 1696/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 27 de marzo de 2015, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para ampliar a cualificación de dotacional de equipamentos do colexio Unión Mugardesa, concello de Mugardos.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental