A Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014 (DOG número 99, do 26 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, dispón na base II.2.1 que o prazo máximo para a realización do primeiro exercicio será de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.
Unha vez constituído este o día 25 de marzo de 2015, tendo en conta diversas cuestións relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería
DISPÓN:
A ampliación do prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, en vinte días hábiles.
Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda