Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014134AL-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 11 de marzo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2014134AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Jorge Luis González Ordóñez, titular do establecemento Restaurante La Caracola, sito na rúa Emilia Pardo Bazán, 12, de Foz.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Jorge Luis González Ordóñez o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca (NCG Banco, S.A.-Novacaixagalicia); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 30 de marzo de 2015

Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2014134AL-LU.

Interesado: Jorge Luis González Ordóñez, titular do establecemento Restaurante La Caracola.

NIF: X4644226C.

Último enderezo coñecido: rúa Emilia Pardo Bazán, 12, 27780 Foz.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Artigos 5.1 e 5.4 do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigos 10.1 e 10.2 do Real decreto 3484/2000, de 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001).

– Artigo 51.1 parágrafo 10 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: seiscentos euros (600 €).