Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 31 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015063TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 19 de marzo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015063TA-CO incoado a Sandra Villar Piñeiro.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Sandra Villar Piñeiro o contido de dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 31 de marzo de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015063TA-CO.

Interesada: Sandra Villar Piñeiro.

DNI/NIF/CIF: 78806059-D.

Último enderezo coñecido: rúa da Rosa, 30-6º C, 15701 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: artigo 7.u), artigo 19.1.2.a) e artigo 20.1.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 30 €.