Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a subministración de equipamento para biomedicina-centro de investigacións médicas (5 lotes, expediente 9/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Fax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico. alabel@uvigo.es .

7º. Dirección da internet do perfil de contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 25 de maio de 2015.

d) Número de expediente: 9/15.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: equipamento para biomedicina-centro de investigacións médicas, 5 lotes.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 5. Lote 1: equipamento xeral de laboratorio. Lote 2: cinco cámaras de conservación. Lote 3: histoloxía. Lote 4: equipamentos de microscopía. Lote 5: ultracentrífuga preparativa.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 60 días (todos os lotes).

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 33000000-0 C CPA: 32.5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Calidade técnica do equipamento ofrecido: 50 puntos.

2º. Redución do prezo de licitación: 45 puntos.

3º. Garantía adicional por enriba do solicitado no prego: 5 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato. Lote 1: 398.095 €. Lote 2: 50.000 €. Lote 3: 72.900 €. Lote 4: 95.865 €. Lote 5: 110.000 €.

5. Orzamento base de licitación. Lote 1: importe: 398.095 € + 83.599,95 € de IVE para soportar. Lote 2: 50.000 € + 10.500 € de IVE para soportar. Lote 3: importe: 72.900 € + 15.309 € de IVE para soportar. Lote 4: 95.865 € + 20.131,65 € de IVE para soportar. Lote 5: 110.000 € + 23.100 € de IVE para soportar.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: (5 % do importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: o que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 1 de xuño de 2015.

b) Modalidade de presentación. Papel: 3 sobres A, B e C .

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa, As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es .

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil de contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 2.400 euros.

11. Outras informacións: fondos Feder. UNVII3-1E-2733. Convocatoria 2013. Ministerio de Economía e Competitividade. Axudas a infraestruturas e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infraestructuras científicas e equipamento. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31 de decembro de 2015.

Vigo, 16 de abril de 2015

P.D. (Resolución 7.5.2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo