Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1142/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1142/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Domínguez Reiriz e Alejandro Rosende Pereiro contra Aliart Engineering, S.L., Sermasa, o Concello da Coruña, o Fogasa e o administrador concursal de Aliart Engineering, S.L., sobre ordinario, ditouse a resolución na seguinte sentenza:

«Decido que, estimando en parte a demanda interposta por Alejandro Rosende Pereiro, con citación do Fogasa, contra Aliart Engineering, S.L., en situación de concurso, Servicios y Materiales, S.A. (Sermasa) e o Concello da Coruña, debo condenar e condeno a Aliart Engineering, S.L. e Servicios y Materiales, S.A. (Sermasa) a que aboen solidariamente ao demandante a cantidade de 3.134,88 euros, máis o xuro do 10 % por demora, con absolución do Concello da Coruña.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco Santander desta cidade, 1532-0000-60-1142-12.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpor recurso.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aliart Engineering, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de abril de 2015

A secretaria xudicial