Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de abril de 2015 pola que se notifican o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador POL/2/2015-RP1 e a orde de suspensión de obras ditada no expediente POL/2/2015-S1, devoltos polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 5 de febreiro de 2015, de conformidade coa proposta da xefa do Servizo Provincial da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Pontevedra, incoar expediente sancionador, entre outros, a Anabel Rubio Pombero, polas obras de construción dunha edificación para uso residencial, no lugar de Larache, Santa Cristina de Cobres, no termo municipal de Vilaboa (Pontevedra). Así mesmo, a directora da Axencia o 5 de febreiro de 2015, ditou resolución pola que se ordena a suspensión inmediata das citadas obras.

Ao non poderse realizar a notificación persoal dos devanditos acordos a Anabel Rubio Pombero, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícanselle á interesada as devanditas resolucións.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC os actos non se publican na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro de ambos os acordos que se notifican se encontran ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

En relación co acordo de incoación, a interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que ten lugar a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase de que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística