Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16012

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (824/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Manuel Figueira Furelos contra Construcciones Nemesio Ordóñez, S.A., Limpiezas Secope, S.A., e U.T.E, Fondo de Garantía Salarial rexistrado co número PO 824/2014 se acordou notificar con data do 6.4.2015 ditada no mencionado procedemento, a U.T.E. e a Limpiezas Secope, S.A. en ignorado paradoiro.

D.O. con data do 6.4.2015:

O anterior escrito presentado pola parte demandante únase aos autos e confírase traslado ás demandadas co fin de que no prazo de tres días alegue o que ao seu dereito conveña.

Despois de resultar negativos os actos de comunicación coa demandada Limpiezas Secope, S.A. noutros procedementos tramitados perante este órgano, confírase traslado a esta a medio de publicación da dilixencia a medio de edictos que se vai inserir no DOG e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación a Limpiezas Secope, S.A., e a U.T.E., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

A secretaria xudicial