Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente CAZ-OU-54/2015-V e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Sáenz Díez nº 1, 1ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 31 de marzo de 2015

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: CAZ-OU-54/2015-V.

Interesado: José Castro Rivela.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.

Expediente: CAZ-OU-68/2015-V.

Interesado: Arturo Cota Loureiro.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-117/2014-V.

Interesado: Cándido Jardón Castro.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-143/2014-V.

Interesado: Sandel Simion.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.