Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2015 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, do servizo de vixilancia e seguridade para as dependencias en Santiago de Compostela (expediente 05/2015 IGC).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Asuntos Xerais.

2º. Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 981 54 53 91.

5º. Telefax: 981 54 45 98.

6º. Correo electrónico: igc.xerencia@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://igc.xunta.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 05/2015 IGC.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade para as dependencias do Instituto Galego de Consumo en Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Instituto Galego de Consumo, Santiago de Compostela (A Coruña).

e) Prazo de execución/entrega: desde a súa sinatura (prevista para o 16 de maio de 2015) ata o 31 de decembro de 2015.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 15.697,50 euros.

5. Orzamento mensual base de licitación:

a) Importe mensual neto 2.093 euros (IVE excluído). IVE: 439,53 euros. Importe mensual total 2.532,53 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: oficina do Rexistro da Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

2. Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C).

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e dos sobres C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 euros por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

a) Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22392

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo