1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Cixtec.
2º. Enderezo: rúa Domingo Fontán 9.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.
4º. Teléfono: 981 54 13 37.
5º. Telefax: 981 54 12 70.
6º. Correo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 2015-021.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizo para a evolución e actualización continua do Sistema corporativo de información de nómina e recursos humanos (Nómina e Breixo).
c) Lugar de execución: os traballos realizaranse nos locais habilitados polo adxudicatario.
d) Prazo de execución: 24 meses desde a formalización do contrato.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 72212000-4.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato.
Importe: 652.892,56 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 652.892,56 euros. Importe total: 790.000 euros, distribuído nas seguintes anualidades:
Exercicio 2015: 190.000 euros, IVE incluído.
Exercicio 2016: 400.000 euros, IVE incluído.
Exercicio 2017: 200.000 euros, IVE incluído.
6. Garantías exixidas.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Empresas españolas.
Clasificación: grupo V, subgrupo 2, categoría C e concreción dos criterios de solvencia.
b) Empresas estranxeiras.
Ver prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación de ofertas:
1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 13 de maio de 2015.
2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 13 de maio de 2015.
b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex
2º. Documentación presentada en sobre pechado:
Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.
Enderezo: rúa Domingo Fontán nº 9.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.
9. Apertura das ofertas.
a) Descrición: a data e hora das mesas de contratación de apertura de criterios cuantificables mediante xuízo de valor e de criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas serán publicadas oportunamente no perfil do contratante e comunicaranse aos licitadores.
b) Enderezo: rúa Domingo Fontán nº 9.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.
10. Gastos de publicidade: os gastos de anuncios correrán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG e 12,932576 euros por liña publicada no BOE.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de abril de 2015.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable