Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CÉDULA do 8 de abril de 2015 pola que se notifica a resolución de concesión dunha axuda no marco da Resolución do 14 de marzo do 2014 pola que se convocan as subvencións para o ano 2014 para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Feader (expediente S14-32132-0274A).

O 6 de novembro de 2014 o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) resolveu concederlle unha axuda a José Manuel Caneda Carneiro, no marco da Resolución do 14 de marzo de 2014 pola que se convocan as subvencións para o ano 2014 para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Feader (expediente S14-32132-0274A).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), para a súa consulta desde as 9.00 ata as 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

Antonio Crespo Iglesias
Director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural