Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15731

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (42/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 42/2013 por instancia de José Luis López Sánchez e José Manuel Miñan Insua contra a empresa Francarlori, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 26 de marzo de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por José Luis López Sánchez e José Manuel Miñan Insua fronte á empresa Francarlori, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Francarlori, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A José Luis López Sánchez, a cantidade de 9.187,83 euros, que devindicará os xuros legais.

• A José Manuel Miñan Insua, a cantidade de 5.876,06 euros, que devindicará os xuros legais.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Francarlori, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 6 de abril de 2015

A secretaria xudicial