Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 24 de marzo de 2015 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión e da batea Tino IV.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Tino IV e a concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 24.3.2015, José Triñanes Mariño (33200638T) 4/8 privativos, Martín Triñanes Fernández (52933546N) 1/8 privativo, representado por José Triñanes Mariño (procedemento de incapacitación 484/2010 emitida polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira), Mª de los Ángeles Triñanes Fernández (52933549S) 1/8 privativo, Pablo Triñanes Fernández (52933547J) 1/8 privativo e Lidia Triñanes Fernández (52933548Z) 1/8 privativo, solicitan autorización para transmisión da concesión e a batea Tino IV.

Segundo. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, DOG núm. 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia; co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, que aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia; co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG núm. 97, do 22 de maio), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Fernando Hermo Romano (76779520-T) 100 % privativo da concesión e da batea que se indica a continuación:

Identificación

Tipo: batea.

Nome: Tino IV.

Localización:

Cuadrícula nº: 27.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión

Orde outorgamento: 29.2.1964 (BOE/DOG núm. 77, do 30 de marzo).

Remate da vixencia: 15 de decembro de 2019.

Actuais titulares: José Triñanes Mariño (33200638T) 4/8 privativos, Martín Triñanes Fernández (52933546N) 1/8 privativo, Mª de los Ángeles Triñanes Fernández (52933549S) 1/8 privativo, Pablo Triñanes Fernández (52933547J) 1/8 privativo e Lidia Triñanes Fernández (52933548Z) 1/8 privativo.

Novo titular: Fernando Hermo Romano (76779520T) 100 % privativo.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 24 de marzo de 2015

P.D. de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña