Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15716

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de abril de 2015 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, da dirección do Museo Pedagóxico de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, do posto da dirección do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), anunciada pola Orde do 16 de febreiro de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 38, do 25 de febreiro), de conformidade co establecido no artigo 5 da citada orde,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto da dirección do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), anunciada pola Orde do 16 de febreiro de 2015, de acordo coa proposta que realizou o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, tal e como establece o artigo 5 da citada orde.

Segundo. No uso das atribucións conferidas polo artigo 5 da dita orde, nomear directora do Museo Pedagóxico de Galicia a candidata relacionada no anexo desta orde.

Terceiro. Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular potestativamente un recurso de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente un recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome: Seco González, Beatriz.

Número de rexistro de persoal: 7192846946 A0595.

Corpo: profesores de Artes Plásticas e Deseño.

Denominación do posto: director/a do Museo Pedagóxico de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.