Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15655

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

DECRETO 62/2015, do 23 de abril, polo que se nomea director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde a Ramón Ares Rico.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de abril de dous mil quince,

Nomeo director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde a Ramón Ares Rico.

Santiago de Compostela, vinte e tres de abril de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade