Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15633

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca a praza de director/a xerente de Retegal.

Retegal é unha sociedade mercantil pública autonómica, pertencente ao sector público autonómico e adscrita, de conformidade co Decreto 252/2011, do 15 de decembro, á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

O Consello de Administración, na súa sesión do 14 de abril de 2015, acordou iniciar o proceso de selección para o posto de director/a xerente de Retegal.

En execución do dito acordo, mediante este anuncio, convócase unha praza de director/a xerente en réxime de persoal laboral de alta dirección para a prestación de servizos coa devandita cualificación na citada entidade.

As bases e condicións atópanse na web da entidade solicitante http://www.retegal.es e no seu taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2015

Mar Pereira Álvarez
Presidenta do Consello de Administración de Retegal