1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.
c) Número de expediente: 110/2014.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: execución de programas de intervención en réxime de acollemento residencial e/ou de atención de día, dirixido a menores con medida de protección.
b) Número de lotes: 4. Lote 1: Santiago de Compostela. 8 prazas. Lote 2: Verín. 10 prazas. Lote 3: Vigo. 92 prazas. Lote 4: Vilagarcía de Arousa. 8 prazas.
c) Lugar de execución: Santiago de Compostela (A Coruña), Verín (Ourense), Vigo (Pontevedra) e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de maio de 2018.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Documentalmente simplificado.
4. Orzamento base de licitación: total sen IVE: 6.288.135,60 €. Con IVA: 6.916.987,52 €.
Distribución por lotes. Lote 1: sen IVE: 479.006,80 €, con IVE: 526.912,96 €. Lote 2: sen IVE: 476.760,00 €, con IVE: 524.436,00 €. Lote 3: sen IVE: 4.853.362,00 €, con IVE: 5.338.725,60 €. Lote 4: sen IVE: 479.006,80 €, con IVE: 526.912,96 €.
5. Garantías:
Provisional: non.
Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído).
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión. Servizo de Protección de Menores da Subdirección Xeral de Familia e Menores.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfonos de información: 981 54 56 65/981 54 46 30.
d) Telefax: 981 95 75 91/981 54 46 34.
e) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo para a presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Outros requisitos: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase mediante a presentación dos documentos exixidos no prego de cláusulas administrativas particulares (número 4 da cláusula 3).
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas) do vixésimo (20) día natural, que non coincida en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia do Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.
d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 95 75 91) no mesmo día.
e) Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.
f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.
g) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Lugar de apertura dos sobres: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.
e) Data e hora de apertura dos sobres: publicaranse no perfil do contratante.
10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.
11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22305
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2015
P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar