Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o plan de restauración da canteira La Perla número 43 de Lugo, situada no concello de Samos e promovido pola entidade Mármoles de Lózara, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o plan de restauración da autorización de explotación de recursos da sección A) La Perla nº 43, situada no termo municipal de Samos (Lugo) e promovido pola entidade Mármoles de Lózara, S.A.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o plan de restauración se atopa dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, e no portal da dita consellería ( http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras ). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 18 de marzo de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo