Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do plan de sectorización SRAU-industrial Outeda-Curro, no concello de Barro, promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra (expediente 2015AAE1769; código 1695/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 24 de marzo de 2015, sobre a modificación puntual do plan de sectorización SRAU-industrial Outeda-Curro, no concello de Barro, promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental