Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15547

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado por Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 15 de abril de 2015, o tribunal nomeado por Orde do 24 de marzo de 2015 (DOG núm. 62, do 1 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, acordou, de conformidade co disposto na base II.3.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o 21 de maio de 2015 nas aulas B, C e número 8 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

María Pilar Fernández Ruiz
Presidenta do tribunal