Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de abril de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada na solicitude de compatibilidade formulada por Ana María Cecilia Rojas Jiménez.

Con data do 16 de marzo de 2015 o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada polo conselleiro de Facenda, en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución en relación coa solicitude de compatibilidade presentada por Ana María Cecilia Rojas Jiménez.

Logo de tentar a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo por «Non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente de reparto».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a Ana María Cecilia Rojas Jiménez a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor a interesada recurso de reposición ante a consellería de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública