Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15491

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO da aprobación inicial dun estudo de detalle.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 10 de abril de 2015, prestou a súa aprobación inicial ao estudo de detalle presentado por Juan José Cabo Martínez e Almudena López Olego para a ordenación do volume dunha edificación e reaxuste da aliñación nunha parcela situada entre as rúas Santa Clara e Veiga desta cidade.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, advertindo que o expediente estará de manifesto na Secretaría do Concello de Monforte de Lemos durante un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o cal os interesados poderán consultalo e formular as alegacións que xulguen oportunas.

Monforte de Lemos, 15 de abril de 2015

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde