Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15495

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO (expediente 2015001792, referencia 2318).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2, 3º.

3) Localidade e código postal: Ourense 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: www.contratacion@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2015001792 (referencia 2318).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de desratización, desinsectación e desinfección no termo municipal de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: dous (2) anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90922000-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: 90 puntos.

Oferta técnica: 10 puntos, distribuídos da seguinte forma:

– Aumento de frecuencia de actuacións en fase de choque: ata 2,5 puntos.

– Aumento de frecuencia de actuacións en fase de mantemento: ata 2,5 puntos.

– Tempo de resposta ante avisos inferior a 24 horas: ata 2,5 puntos.

– Nivel de detalle e claridade na memoria técnica de execución do servizo. Coherencia na planificación de actividades. Información, contidos e calidade dos informes: ata 2,5 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 119.816,00 euros.

b) Tipo de licitación. Importe neto: 29.954,00 euros. IVE: 6.290,34 euros. Importe total: 36.244,34 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 12 (Doc. 5) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 12 (Doc. 6) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral.

2) Domicilio: praza Maior, nº 1.

3) Localidade e código postal: Ourense 32005.

4) Enderezo electrónico: www.rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: tres (3) meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense. Praza Maior, nº 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 9 de abril de 2015

Agustín Fernández Gallego
Alcalde