Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2015: SIC Gourmets, Madrid 2015 (do 13 ao 16 de abril) e Anuga, Colonia 2015 (do 10 ao 14 de outubro), actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 5/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Consellería do Medio Rural e do Mar en distintos certames feirais que se van realizar no ano 2015: SIC Gourmets, Madrid 2015 (do 13 ao 16 de abril) e Anuga Colonia 2015 (do 10 ao 14 de outubro) (expediente 5/2015).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21633

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 236, do 10 de decembro de 2014.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 450.000,00 €, IVE (21 %): 94.500,00 €. Importe total: 544.500,00 €.

Valor estimado: 450.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 23 de febreiro de 2015.

b) Adxudicataria: Escenoset, Espacios Efímeros, S.L.

c) Importe: 398.000,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 83.580,00 €.

Importe total: 481.580,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 26 de marzo de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar