Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de abril de 2015, da Secretaría Xeral do Mar, polo que se notifica a resolución do procedemento de reintegro sobre controis posteriores previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006, do Consello, do 27 de xullo, sobre operacións cofinanciadas co FEP e xestionadas por esta secretaría, no marco da medida 2.3. Transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura, a través do Programa operativo para o sector pesqueiro español 2007-2013.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselles a Alimentos y Pesca de Galicia, S.L.N.E.; Berbescon, S.L.; Dilsea, S.L.; Friogarrida, S.A.; Grovense de Mejillones, S.A.; Isla Vionta, S.L.; Kanoura Fish; Mariscos Carpeska e Pescados José Eduardo, S.L. a resolución do procedemento de reintegro sobre controis posteriores previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006, do Consello, do 27 de xullo, sobre operacións cofinanciadas polo Fondo Europeo da Pesca (FEP) e xestionadas pola Secretaría Xeral do Mar, no marco da medida 2.3. Transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura, a través do Programa operativo para o sector pesqueiro español 2007-2013.

A resolución do procedemento de reintegro dos expedientes que se relacionan a seguir está á disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Mar, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Número de expediente SXPA: PE201B/2009/020-1.

Beneficiaria: Alimentos y Pesca de Galicia, S.L.N.E.

CIF: B70040589.

Número de expedientes SXPA: PE201B/2009/039-5 e PE201B/2010/046-5.

Beneficiaria: Berbescon, S.L.

CIF: B36447571.

Número de expedientes SXPA: PE201B/2009/010-5 e PE201B/2008/016-5.

Beneficiaria: Dilsea, S.L.

CIF: B36949022.

Número de expediente SXPA: PE201B/2008/051-5.

Beneficiaria: Friogarrida, S.A.

CIF: A36830685.

Número de expediente SXPA: PE201B/2009/052-5.

Beneficiaria: Grovense de Mejillones, S.A.

CIF: 36022408.

Número de expediente SXPA: PE201B/2009/028-1.

Beneficiaria: Isla Vionta, S.L.

CIF: B15378896.

Número de expediente SXPA: PE201B/2009/008-2.

Beneficiaria: Kanoura Fish, S.L.

CIF: B27342492.

Número de expediente SXPA: PE201B/2010/069-5.

Beneficiaria: Mariscos Carpeska, S.L.

CIF: B36595502.

Número de expediente SXPA: PE201B2008/050-5.

Beneficiaria: Pescados José Eduardo, S.L.

CIF: B36644516

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar