Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o expediente para a aprobación dun plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Lérez.

A Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra somete a información pública o expediente para a aprobación dun plan de aproveitamento específico (anguía, Anguilla anguilla) nas augas do río Lérez, durante un prazo de 15 días, segundo o disposto no Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

O expediente está á disposición de todos aqueles que puideren ter interese nel na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Servizo de Conservación da Natureza, na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º, 36003 Pontevedra.

Pontevedra, 31 de marzo de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra