Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15182

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade, quenda de promoción interna, de dúas prazas de técnico/a medio da Administración xeral.

No BOP núm. 32, do 18 de febreiro de 2015, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade, quenda de promoción interna, de dúas prazas de técnicos/as medio da Administración xeral, grupo clasificatorio A2.

A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 8 de abril de 2015

Alejandro Langtry Caínzos
Concelleiro de Economía, Facenda e Recursos Humanos