Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15045

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1318/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1318/2012, por instancia de Ángel Corredoira Cabana e Mor Ndiaye contra a empresa Loghifloor Systems, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 13 de marzo de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Ángel Corredoira Cabana e Mor Ndiaye contra a entidade Loghifloor Systems, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Loghifloor Systems, S.L. a aboar aos demandantes, en concepto de indemnización por extinción da relación laboral por causas obxectivas, as seguintes cantidades:

• A Ángel Corredoira Cabana a cantidade de tres mil douscentos corenta e catro con corenta e cinco euros (3.244,45 euros).

• A Mor Ndiaye a cantidade de tres mil cincocentos noventa e sete con corenta e un euros (3.597,41 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Loghifloor Systems, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de marzo de 2015

A secretaria xudicial