Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2015 pola que se anuncia a licitación do contrato de subministracións do sistema xerador de mares regulares e irregulares para canle de ensaios hidrodinámicos, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), programa operativo UNLC13-1E-2278 (expediente 2015/1006).

– Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, número 9, 1ª andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4º. Teléfono: 34 981 16 70 00 (extensións 1118, 1038).

5º. Telefax: 34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

Número de expediente: 2015/1006.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: sistema xerador de mares regulares e irregulares para canle de ensaios hidrodinámicos.

c) Lugar de execución/entrega: Centro de Investigación Tecnolóxica (CIT).

1º. Domicilio: Campus Esteiro.

2º. Localidade e código postal: Ferrol 15403.

d) Prazo de execución/entrega: 90 días naturais.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 38970000-5, 45214630-5.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Valor estimado do contrato: 77.200,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

Importe neto: 77.200,00 euros. Importe total: 93.412,00 euros.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas, do oitavo día natural, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Registro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, número 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Dirección: Reitoría, R/ Maestranza, número 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través de perfil do contratante o día e hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxudicatarias a rateo.

– Outras informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento CE nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 13 de abril de 2015

P.D. (Resolución do 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña