Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de marzo de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/281/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 6 de marzo de 2015, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na instalación dunha caravana, execución de soleira e dunha construción semisoterrada no lugar de Branquenza, Barrañán, no termo municipal de Arteixo, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal deste acordo a José Luis Vázquez Pérez-Coleman, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística