Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 13 de abril de 2015, da Delegación de Vigo, polo que se empraza a Manuel Cobas Gil para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación do procedemento que se relaciona no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por este anuncio emprázase o interesado sinalado no anexo para ser notificado por comparecencia do acto administrativo derivado dos procedementos que se indican.

O interesado, ou o seu representante, deberá comparecer no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Delegación de Vigo da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 13 de abril de 2015

P.S. (Resolución do 2.7.2013)
David Maceiras Rial
Xefe do Departamento de Xestión Tributaria

ANEXO

Interesado

Órgano tramitador

Procedemento

NIF/CIF

Nome

36029775E

Cobas Gil, Manuel

Departamento de Xestión Tributaria

Imposto sobre sucesións e doazóns

Liquidación

Expte.: SUC/2008/36/007/00641

Doc.: 650725125703