Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai público un requirimento de documentación da subvención de iniciativas emprendedoras e de emprego, regulada na Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo), relativa ao expediente TR340K 2011/126.

Intentada a notificación do devandito requirimento segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á sociedade interesada o contido do requirimento que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para que poida realizar as alegacións e achegar a documentación que considere oportuna, no prazo de quince (15) días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que lle corresponda.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia do requirimento, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 19 de marzo de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: TR340K 2011/126.

Sociedade: Creative Media Farm, S.L.

CIF: B70271069.

Último enderezo coñecido: avda. Montserrat, 4-4º C, 15009 A Coruña.

Contido: requirimento de documentación.

Data do requirimento: 11.2.2015.