Número de expediente: IN407A 2015/73-1.
Solicitante: Fenosa.
Denominación: subestación San Caetano 220 kV acoplamentos lonxitudinais MT.
Concello: Santiago de Compostela.
Características técnicas:
Instalación dos acoplamentos lonxitudinais de barras do parque de 20 kV, da subestación de San Caetano. Para iso instalará catro celas, dúas de acoplamento lonxitudinal manobra e dúas de acoplamento lonxitudinal remonte.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 23 de marzo de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña