Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2015 pola que se anuncia a contratación centralizada, por procedemento negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada, da subministración de gas natural aos centros de consumo da Rede de enerxía da Xunta de Galicia (Redexga) (expediente 02/2015 SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.

5º. Telefax: 981 54 49 49.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de solicitudes de participación.

d) Número de expediente: 02/2015 SXT.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de gas natural aos centros de consumo da Redexga.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, 2 lotes.

Lote 1: subministración de gas natural canalizado aos centros que figuran no anexo VI do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

Lote 2: subministración de gas natural licuado mediante descargas na planta regasificadora aos centros que figuran no anexo VII do PCAP.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega:

Lote 1: desde a data que se estableza no contrato, tomando como data prevista de inicio o 1 de xullo de 2015, ata o 31 de decembro de 2017.

Lote 2: desde a data que se estableza no contrato, tomando como data prevista de inicio o 1 de abril de 2016, ata o 31 de decembro de 2017.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 09123000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado, con publicidade e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula L da folla de especificacións do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 67.901.119,37 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Segundo o establecido na cláusula C da folla de especificacións do PCAP.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): deberase acreditar nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 19 de maio de 2015.

b) Modalidade de presentación: no prazo indicado no punto anterior presentarase o sobre A coa solicitude de participación para o/s lote/s a que opten e a documentación que se sinala no punto 6.2.A) do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar para presentar ofertas: invitaranse todas as empresas que demostren a súa capacidade e solvencia para a execución do contrato (documentación do sobre A correcta e completa), de acordo coas condicións establecidas no prego.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata o prazo máximo de resolución do procedemento.

9. Apertura de ofertas :

a) Descrición:

Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos que van ser obxecto de negociación.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5-4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura do sobre B.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no BOE e no DOG. A publicación no DOUE, polo seu carácter gratuíto, non orixinará gasto para o adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de abril de 2015.

12. Outras informacións:

a) Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22438

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2015

P.D. (Orde do 10.12.2014; DOG núm. 3, do 7.1.2015)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria