Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14917

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de licitación do seguro de responsabilidade civil e danos materiais.

De conformidade co Acordo da Xunta de Goberno Local, do 16 de marzo de 2015, e por medio deste anuncio, efectúase a convocatoria do procedemento aberto para a adxudicación do contrato do seguro de responsabilidade civil e danos materiais do Concello do Carballiño, consonte os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello do Carballiño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: seguro de responsabilidade civil e danos materiais do Concello do Carballiño.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Tipo de licitación:

Importe total: 50.000 euros, para un período de dous anos entre as 00.00 horas do día 17 de xuño de 2015 e as 24.00 horas do día 16 de xuño de 2017 (IVE e demais tributos incluídos).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, sen incluír o IVE.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello do Carballiño.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade e código postal: O Carballiño 32500.

d) Teléfono: 988 53 00 07.

e) Telefax: 988 53 00 08.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

8. Criterios de avaliación:

a) Mellor oferta económica : ata 65 puntos.

b) Valoración oferta técnica: ata 35 puntos.

– Redución de franquía: ata 15 puntos.

– Inclusión de retroactividade por un período dun ano: ata 10 puntos.

– Aumento do límite de indemnización por sinistro: ata 7 puntos.

– Inclusión da garantía de responsabilidade civil e patrimonial derivada da protección de datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999): ata 3 puntos.

9. Presentación das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: rematará aos 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante.

b) Documentación que cómpre presentar: segundo o especificado nos pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Concello do Carballiño.

2º. Domicilio: Praza Maior, 1.

3º. Localidade e código postal: O Carballiño 32500.

4º. Lugar: Rexistro Xeral do Concello.

5º. Horario: das 9.00 ás 13.30 horas, de luns a venres; se o último día do prazo de presentación é festivo, entenderase prorrogado o prazo ata o día seguinte hábil.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello do Carballiño.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: O Carballiño.

d) Data: o seguinte día hábil, logo da terminación do prazo de presentación de proposicións, se non existen deficiencias que corrixir, ás 12.00 horas.

11. Requisitos específicos do contratista:

Os licitadores terán que ser necesariamente entidades aseguradoras. As entidades españolas deberán acreditar a obtención de autorización administrativa a que fai referencia o artigo 5 do Real decreto lexislativo 6/2004, do 29 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de ordenación e supervisión de seguros privados, mediante certificación de estar inscritas no Rexistro Administrativo de Entidades Aseguradoras levado pola Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, así como estar autorizadas para operar nos ramos obxecto desta contratación.

As entidades aseguradoras domiciliadas en países membros do Espazo Económico Europeo distinto de España que obtivesen a autorización para operar no Estado membro de orixe deberán presentar certificación da toma de razón da entidade no rexistro administrativo a que fai referencia o parágrafo anterior.

12. Outras informacións: véxanse os pregos de cláusulas administrativas.

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

14. Perfil do contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.carballino.org .

O Carballiño, 18 de marzo de 2015

Argimiro Marnotes Fernández
Alcalde