Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14839

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 19 de marzo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 18 de marzo pola que se convoca o procedemento de mobilidade interna voluntaria de diversas categorías de persoal estatutario fixo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

A citada resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros oficiais de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e na intranet do centro.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de vinte (20) días hábiles, desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 19 de marzo de 2015

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras