Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de acumulación de actuacións e tramitación conxunta nun único procedemento sancionador por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 11 de febreiro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de acumulación de actuación derivadas da expedición de tres actas-denuncias e a tramitación conxunta nun único procedemento sancionador, no cal é interesado João Carlos Pereira da Silva.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a João Carlos Pereira da Silva o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, lémbraselle o seu dereito a consultar a documentación, depositada nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, nº 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia dela, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Contra este acordo de acumulación non procede recurso ningún, consonte o preceptuado no artigo 73 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 30 de marzo de 2015

Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: João Carlos Pereira da Silva.

NIE: X7391557R.

Último enderezo coñecido: rúa Diego Pazos, 57, 27600 Sarria.

Acordo: acumulación de tres denuncias nun único expediente sancionador.