Con data do 10 de febreiro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2015021TA-OU, a Teixeira Arias, José, con DNI 76722318E, con domicilio na r/ Conde de Fenosa, 94-2º C, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Teixeira Arias, José, con DNI 76722318E, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, núm. 13, Ourense, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 17 de marzo de 2015
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente: 2015021TA-OU.
Interesado: Teixeira Arias, José.
DNI/NIF/CIF: 76722318E.
Último enderezo coñecido: r/ Conde de Fenosa, 94-2º C, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.
Tipificación: leve.
Sanción proposta: trinta euros (30 €).